Más sobre la burla negra (ADEGA)

A associaçom ecologista galega que leva trinta anos em activo necessita dinheiro para continuar as suas accioes directas contra os verquidos do Prestige. Lembra que o apoio economico aos marinheir@s e mariscador@s e ao movimento ecologista de base som compat?veis. Especialmente se por estares fora, por morares longe da costa ou por outro impedimento nom podes unir-te aos grupos que trabalhan limpando as praias, eis umha maneira pratica de contribuir a combater este gravissimo atentado contra a economia e o ecosistema do nosso pais. [+] Se quixeres ingressar-lhes dinheiro -nom importa a quantidade, o que podas-: Caixa Galicia n? de conta 2091/0348/11/3040010981 Copiei e colei o n? de conta da página web de Adega. De todos os jeitos -por simples hábito saud?vel- quando fordes ingressar, a persoa do banco que vos atenda, que vos confirme que o n? ? correcto e que esté a nome da associaçom. Sempre se pode errar numha cifra. [+] Se te quixeres fazer socio/a  [+] Se queres sumar-te aos grupos de voluntarios chama a este telefone e informa-te: 680 420 807 [+]

Texto extraido da páxina de ADEGA: Victorias para lembrar Temos que resaltar o feito de que non hai vertidos radioactivos diante das costas de Galiza, que non hai ningunha central nuclear en Galiza, que a industrialización irracional que supuxo a deterioración da Ría de Pontevedra conseguiuse que non se reproducise noutras rias e rios, que o encoro do Sela non foi construido, que os encoros do Navia non foron construidos, que o terceiro encoro do Eume foi paralizado e as fragas do Eume son hoxe un Parque Natural, ou que Baldaio, que estaba privatizado e iniciada a súa degradacion ecolóxica, hoxe volva a ser un espazo público a protexer, pasando a formar parte da Rede Natura 2000. Son éstes algúns dos éxitos consolidados do ecoloxismo galego.